domingo, 17 de maio de 2020

Traballando dende o confinamento con 5º e 6º


EXPERIMENTANDO COA FOTOGRAFÍA

O venres pasado na proposta de plástica con 5º e 6º avanzamos un pouquiño máis na fotografía, aprendendo composición, a cor, as regras para sacar unha boa foto, a luz, o momento, a mensaxe, o retoque e unha aplicación interesante para edición e retoques.

A proposta cooperativa era de facer un vídeo coas fotografías que sacase cada un/ unha experimentando o aprendido.
Con todas as propostas chegadas aquí tedes o noso vídeo. Parabéns a estes fotógrafos e fotógrafas de 5º e 6º que o fixeron xenial.

1ª FOTOGRAFÍA-SAÚDE
2ª FOTOGRAFÍA-TECNOLOXÍA 
3ª FOTOGRAFÍA-CONXELADO    
4º FOTOGRAFÍA-UNA HISTORIA BONITA 


PLÁSTICA- QUEDA NA CASA!


O seguinte é un vídeo elaborado coa proposta da materia de plástica cos grupos de 5º e 6º. 

Mirade que cousiñas máis chuliñas fixeron! A mensaxe estaba moi clara, non si?






domingo, 17 de novembro de 2019

IDEAS PARA O LIBRO DE ARTISTA- LIBRO OBXECTO

Ola artistas de 5º e 6º (Iria, Xavi, Noah, David, Adán, Guille, Lucas, Blanca, Álex, Laura, Malena, Anxo, Saray e Álex!


Aquí vos deixo unhas fotos para que vos inspiredes na obra que queredes crear do voso libro de artista. Xa sabedes que podedes cortar (se o facedes na casa pedide axuda), pintar, transformar a vosa obra como gustedes, pero sempre ten que ter como base o libro, a palabra escrita. 
Comentade a idea na casa, sempre podedes conseguir outras opinións e axuda.
Moito ánimo que seguro que saen cousas fantásticas!

Despois engadiremos outras pautas a través de blog, pero para empezar isto, suficiente.

Fonte: Fotos sacadas de pinterest.